|
Conviciñas e conviciños: Non imos dicer que levamos todo o ano a esperar que cheguen as festas do barrio, que logo pasan voando, porque xa está moi escoitado. Nen imos dicer que nos encanta que cheguen un ano máis, e xa van 7, e que agradecemos a implicación de todo o mundo para que sexa posíbel. E como non queríamos repetirnos perguntamos através dalgunha rede social para que nos dixérades que é o que vos gusta das festas. O que nos contastes fala das misturas, mistura de ámbitos de festas “entre a festa da miña paróquia e a cidade”, mistura de idades “xuntámonos nenas, novos e vellas”, mistura de estilos “pijos, hippies e punkis”, mistura de actividades “orquestra, concertos, o xantar popular…”. Falades tamén do ambiente “envolvente”, do gosto de pasear rúa para arriba e rúa para baixo por unha rúa só para os peóns, e atopando a todo o mundo, de que non é preciso combinar con ninguén por que alí nos atopamos toda a xente que nós queremos ver. Así que vos propoñemos, máis un ano, a todas e todos os habitantes do barrio e visitantes que vaiades preparándovos para participar e desfrutar activamente e formar parte dese ambiente envolvente, solidário, criativo e, sobretodo, festivo, moi festivo. Vaia por adiantado o agradecemento a todas as persoas que colaborades deste ou doutro lado da barra. Asi, que aqui chegan as Festas do barrio de San Pedro do ano 2010, unha rede de redes sociais con sitio para todo o mundo e mais, entre o 24 e o 27 de Xuño agardámosvos por todos os recunchos aos que somos quen de chegar, por todas as horas que somos quen de cubrir e por todas as alegrías que somos quen de transmitir. A Comisión |