Decálogo de boas prácticas nas Festas do Barrio de San Pedro

 

Somos un barrio aberto, acolledor e orgulloso dunhas festas que se basean no traballo voluntario e a boa vontade da veciñanza. Respecta as instrucións da organización e a nosa filosofía. Gañaremos todos e todas!

  1. Mantén o barrio limpo: tan importante como recoller é non ensuciar, se somos conscientes dos residuos que manexamos e os depositamos nos lugares apropiados, as rúas non se verán deterioradas ó longo das festas.

  2. Ser verde é doado: reduce o lixo que produces, reutiliza e separa.

  3. Reutiliza: nas barras da Comisión só serviremos con ecovasos, se aproveitas a consumir nos establecementos do barrio, trata de reutilizar os vasos nos que te sirvan.

  4. Utiliza os WC’s da Comisión: sabemos que facer colas nos baños ás veces é desesperante, mais pensa en como quedan as nosas rúas logo dun só día de festa.  Nesta ocasión serán 7 días compartindo, bebendo, disfrutando… non fagamos dos recunchos das nosas rúas lugares intransitables no segundo día de festas. Aproveita as colas para facer amizades, mirar o teu teléfono…

  5. Se vas vir con nen@s, pensa que vai haber momentos do día nos que haxa un certo grao de masificación onde é doado despistarse e levar un susto. Extrema precaucións e valora posibles medidas preventivas: píntalle no brazo o teu número de teléfono, se é maior explícalle os lugares onde pode atopar á xente da Comisión, etc.

  6. Se atopas algún obxecto ou se o perdes, achégate a unha das cantinas da comisión de festas.

  7. Xa sabemos que os coches molan,  pero mellor ven a pé ou en bici. Se bebes, non conduzas; é un delito legal e moral.

  8. Respecta o dereito da veciñanza ao descanso.

  9. Preferimos que non fagas botellón pero, en todo caso, deixa o sitio limpo.

  10. A Comisión de Festas está sempre localizable e se non nos atopas, podes preguntar por nós na cantina da Comisión, que estará situada na Praza 8 de Marzo (xunto a Porta do Camiño) o xoves e venres, e na Rúa Concheiros o sábado das festas.

Decálogo de boas prácticas nas Festas do Barrio de San Pedro (PDF, 932 KB)