Xa veñen as festas 2016 e temos varias propostas que facervos:
OBRADOIRO DE CABEZUDOS/AS
O Martes 28 de xuño ás 18:30h, na Praciña da Igrexa de San Pedro, faremos un super Obradoiro de cabezudas/os !!
Haberá algunha dispoñible, pero é importante que traiades as vosas caixas.
DINÁMICA “ALDEA DE COMPOSTILLA”. CRONSTRÚE A TÚA CASA.
O CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) é o encargado de levar a diante esta actividade que se realizará o Sábado 2 de Xullo, ás 11:30 e ás 12:45, na Praza da Ciencia (Praza da Angustia).
A dinámica grupal consistirá en construír a nosa casa dentro da aldea de Compostilla, onde iremos vendo como o noso consumo afecta ao medio ambiente e ás demais persoas.
A actividade está dirixida a persoas adultas e cativas/os maiores de 8 anos. É de balde pero é preciso inscribirse. Podes facelo por calquera dos seguintes medios:
- Teléfono do CIAC: 981 543 145
- Neste formulario: https://docs.google.com/forms/d/1uUJCjzAO-43qWIQr-vTeBZ6fOFgkhHcmhE2Twbm49G4/viewform
EXPOSICIÓN DE PEQUE-ARTISTAS DE BARRIO
Amósanos iso que tanto che gusta do Barrio!!
Pinta, mancha, corta, pega, mistura… fai o que che pete coa técnica que che pete!! …
… pero trae a túa obra e participa na Exposición de Peque-Artistas de Barrio que faremos o Sábado 2 de Xullo no espazo XOGO (rúa Concheiros).
Podedes achegar os debuxos previamente ó local da comisión ou o mesmo sábado, a partir das 11:30h.
MORCEGOS EN BELVÍS
DROSERA, asociación para o Estudo e Conservación do Medio Natural, ofrécenos a magnífica oportunidade de achegarnos a Belvís á noitiña do sábado das festas e observar morcegos na súa contorna.
Trátase dunha actividade de achegamento á natureza, un momento de calma dentro da voráxine das festas; o respecto por estes (e outros) animais é innegociable.
Apetécevos? Se somos un grupiño, organizamos!!
Máis info: https://www.facebook.com/events/1809085965994175/
ROMARÍA DO FÚTBOL
Aproveitando o día da Romería popular en Belvís, o Domingo 3 de Xullo, organizamos uns partidos de fútbol·7 coa intención de divertirnos e desatrancar os músculos despois de tantos días de festa. Queremos PASALO BEN e DIVERTIRNOS xogando ao fútbol, SEN COMPETICIÓN, CLASIFICACIÓN ou TROFEOS.
A inscrición é gratuíta e a data límite é o Xoves 30 ás 15h.
Máis info: Romaría do fútbol 2016