Programa das Festas 2017 !!

pograma-cachola

 

Para cambios de última hora, estade pendentes do noso twitter e facebook!!

 

  1. Versión texto
  2. Versión gráfica

 

1. Programa 2017

Especial Teatro Carauta 1992- 2017
25 anos de teatro no barrio, co espectáculo “25”
No teatro Principal os días 23 – 24 de xuño

MARTES 27 de xuño
17.00 Comunicadorxs polo cambio. Presentación dos obradoiros educomunicativos de vídeo e radio do programa “Escola sen Racismo” de  ACPP e Agareso. Traballos desenvoltos polo  alumnado do CEIP Santiago Apóstolo e do CPR Vilas Alborada.
18.30 Obradoiro de cabezudxs (Praciña da Igrexa de San Pedro).
23.00 Proxección de “As Encrobas. A ceo aberto”, documental de Xosé Bocixa (Cemiterio de Bonaval). Trae roupa de abrigo!

MÉRCORES 28 de xuño
14.30 Xantar vegano: comilona aberta organizada por “Covivir ParaPapar”. Podes traer o teu prato vegano e compartir unha comida con nós (Casa do Matadoiro).
17.00 Proxección de “Seis estrelas”. Bana, Fátima e Suadu, tres nenas que viven nos campamentos saharauis no deserto de Alxeria, pasan as súas “vacacións en paz” na casa de Ana, Andrea e Rosalía.
18:30 Proxección de “Conversas en lata”. As conserveiras na Illa de Arousa (Casa do Matadoiro). Realizado polo alumnado do CEIP Torre – Illa coa axuda dxs mestrxs Carlos Abraira, Mila Bouzón e María Cacheda.
21:30 AldaoLado (Praza da Angustia).
23:00 Contos e maxia con Celso Fernández Sanmartín e Benxamín Otero (Adro da Igrexa da Angustia).

XOVES 29 de xuño
16:00 – 20:00 Proxeccións positivas: docus e vídeos curtos para inspirar cambios positivos e presentar alternativas inspiradoras (Casa do Matadoiro).
18:00 O Barrio nas Mans. Obradoiro de barro con Juana e Carmela (Praciña da Igrexa).
22:00 Foliada: Airiños da Freba, Os Viqueiras e Zurrumalla (Praza 8 de marzo).

VENRES 30 de xuño
17:00 Obradoiro de Circo a cargo de CIRCONOVE (Praza Angustia).
19:00 Pasarrúas con “Os Cincocentos” e Cabezudxs.
22:00 Noite do Lastro: Atras Tigre, Zënzar, Rebeliom do Inframundo (coa participación de Rendi Nue) (Praza 8 de marzo).

SÁBADO 1 de xullo
ANDAR POR CASA: Achégate e coñece o espazo de Xestión Participativa do Matadoiro.

ESPAZO CIDADÁN (Praza 8 de Marzo)

11.30 Apertura. Microcharlas ilustradas e Micro Aberto.
12.00 1977/2017: 40 anos de movemento veciñal no barrio e na cidade.
17.00 Microcharlas ilustradas e Micro Aberto.
17.30 Insubmisión: Como se acabou coa mili. Olladas dende o barrio.
19.00 Microcharlas ilustradas e Micro Aberto.

ESPAZO LETRAS (Praza Begoña Caamaño-Zona C)

12.00 Obradoiro de lingua de signos a cargo de Galensigna.
13.30 Canción en lingua de signos a cargo do alumnado de A Xuntanza con Ana Senra.
16.00 – 20:00 Actividades e postos de venda das librarías Pedreira, Chan da Pólvora, Libraría de Mulleres Lila de Lilith e Palácios.

ESPAZO SONORO (Praza da Trisca)

12.00 Pinchada comentada de música clásica por Benxamín Otero.
17.00 Concerto da Orquestra experimental do Mapa emocional.

ESPAZO XOGO (Rúa dos Concheiros-zona centro)

12.00 – 14.00 Xogos de habilidade (Garabato de Xogo).
17.00 – 20.00 Xogos de habilidade (Garabato de Xogo).

ESPAZO CIENCIA (Praza da Angustia)

11.30 – 14.00 Xogo da Biodiversidade (xogo de rol sobre os diferentes ecosistemas da cidade de Santiago de Compostela). Para xogar dende os 8 anos ate os 110 anos. CiAC.
12.00 – 14.00 “Punto Científico” Charlas e obradoiros de Ciencia para todxs a cargo de Divulgaccion.org (Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica). Nunca oíches a ciencia tan ben contada. Unha escolma dxs divulgadorxs de Divulgacción desembarcan nas Festas do Barrio de San Pedro para falar de astronomía, neurociencia, arqueoloxía e oceanografía. Ciencia para toda a familia.
12.00 – 14.00 “Descubrindo o pasado. Imos facer unha escavación arqueolóxica” da man de Fráxil, Lerole, Árbore Arqueoloxía, Veiga Arqueoloxía e 20 para 1.  *Actividades pola mañá: escavación, clasificación e restauración dos achados e mostra de facer lume.
14.00 – 17.00 Parada para xantar.
17.00 – 20.00 Coñecendo o mar co Centro Oceanográfico de Vigo do IEO.
17.00 – 19.00 “Descubrindo o pasado. Imos facer unha escavación arqueolóxica” da man de Fráxil, Lerole, Árbore Arqueoloxía, Veiga Arqueoloxía e 20 para 1.  *Actividades pola tarde: mostras de moenda de sementes, mostra de facer lume, réplicas de petroglifos, exposición dos restos atopados na escavación.

RÚA DOS CONCHEIROS

11.00 Pasarrúas a cargo de Airiños do MaYcar.
14.00 Sesión vermú a cargo de Vinilo.
16.30 Pasarrúas a cargo de A Reviravolta.
17.00 Exhibición de Graffiti e Obradoiro de dj a cargo da Vella Escola coa participación de Rendi Nue.
19.00 Tolemaxias do Mago Teto (Final de Concheiros).
20.00 Concerto da Banda Municipal de Música (Concheiros).
22.30 Verbena a cargo da Orquestra Vinilo.

RÚA DE SAN PEDRO

11.00 Pasarrúas a cargo de A Reviravolta.
16.30 Pasarrúas a cargo de Airiños do MaYcar.
17.30 Obradoiro de debuxo e exposición a cargo de Kame House Cómic (Cruz De San Pedro).
18.30 Pasarrúas a cargo do grupo de música e baile tradicional Brincadeira.
19:30 Baile a cargo Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira na Praza 8 de Marzo.

DOMINGO 2 de xullo
10.00 III Romaría do fútbol (Campo de fútbol de Belvís). Previa inscrición (con equipo ou sen el) a través de www.fbsp.info, ou facebook
11.00  Alborada a cargo de Gaiteiros da Xuntanza e Grupo da Gentalha do Pichel.
13.00 Baile tradicional nas prazas: Cruz de San Pedro, 8 de Marzo e igrexa de San Pedro, a cargo do grupo de Baile e Gaitas da Xuntanza.
14.00 ROMARÍA (Parque de Belvís): Xogos, Música e Xantares …

Xandobela
Estalotes
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco