O 20 aniversario está a 7 días vista e estamos a tope para facer as mellores festas.
Este ano haberá (resumindo moitísimo):
– Danza e Piquenique das Letras o martes.
– Pregón o mércores.
– “Noite de Foliada” o xoves ata que vos treman os xeonllos.
– “Noite do Lastro” o venres con grupazos aos que queremos moito.
– Vermute e verbeneo (un chisco alternativo este ano) o sábado. Con moitas máis cousas en Concheiros e San Pedro. Para maiores e para menores.
– “Praza da Ciencia” na 8M o sábado. Con moitas tolemias científicas. Revival e outras novas…
– Romaría en Belvís o Domingo. Si amigas, este ano o polbo, o churrasco e a cantina volven; que o domingo hai que desfrutar da festa sen cosiñar.
As noites de Xoves, Venres e Sábado será todo no Torreiro da Festa!!!
Estamos con moita gana de contarvos toda a programación. Estes días iremos actualizando. Non perdades ollo que temos moita sorpresa!!!