Contas en PDF
Un ano máis, a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro conseguiu, gracias á axuda de todos e todas, cadrar as contas.
Como sabedes, estas festas son organizadas por voluntarias e voluntarios, a propia Comisión, coa axuda desinteresada de moitos veciños e veciñas (que colaboran botando unha man, aportando algúns cartos, deixándonos usar os seus locais,
aportando cousas dos seus negocios, etc).
O Concello colabora permitindo que cortemos a rúa (valos, etc), pon o palco, os inchables e os enganches de luz. O resto dos gastos até 40 actuacións e obradoiros corren a cargo da Comisión, que consegue financiar as festas gracias á venda de camisolas, ao libro das festas, aos cartos das barras e ás achegas da veciñanza, os artesáns e os negocios do barrio.
Gracias a todos e todas, sen vós non sería posible.
O ano que ven, 10º aniversario !!!!!!!!!!