HÁMSTER de HISTERIA TEATRO

When:
28 Xuño, 2013 @ 16:00 – 17:30
2013-06-28T16:00:00+00:00
2013-06-28T17:30:00+00:00
Where:
Museo do Pobo Galego

Non recomendada para menores de 14 anos (dinse cousas feas de Disney e
dos Reis Magos!)
Este “pretexto para un espectáculo en tres partes de teatro físico sen cancións”, de Santiago Cortegoso, foi seleccionado nos III Encontros de Magalia. Nel, o hámster macho e a hámster femia viven na súa gaiola, cos seus conflitos e as súas contradicións: un está feliz dentro; a outra devece por saír fóra. Un é consciente de que está aí para agradar ao público, e esa é a súa razón vital; a outra non se conforma co que xa coñece desde sempre, e quere ir máis aló, explorar
fóra dos límites do permitido. Un quere manter as cousas tal e como son. A outra ten a maleta preparada…