ANXO MOURE no CIAC Contacontos

When:
30 Xuño, 2013 @ 10:30 – 11:30
2013-06-30T10:30:00+00:00
2013-06-30T11:30:00+00:00
Where:
No CIAC en Belvís

Anxo Moure vive en Garabelos, unha pequena aldea á sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo, na Casa das Árbores. Esta casiña é un lugar de lecer, onde escoitar os contos que viven nas árbores. Un lugar para coñecer a Graciano Zoqueiro, trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar. Un contacontos moi particular.
O Centro Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) está localizado no Parque de Belvís no edificio dun antigo curtidoiro. O CIAC quere ser un espazo aberto á participación ambiental da cidadanía, e conta con recursos didácticos e actividades que axudan a comprender mellor a relación entre a cidade e o seu medio ambiente. Búscanos no facebook -CIACBelvis- e na nosa web: http://www.ciac-compostela.org. Agardámoste!