BATUCADA SAN XEROME Música Batucada

When:
29 Xuño, 2013 @ 17:00 – 18:00
2013-06-29T17:00:00+00:00
2013-06-29T18:00:00+00:00
Where:
Rúa Concheiros

O San Xerome da Guarda leva trinta anos avanzando. O proxecto foi medrando co esforzo de moitas persoas e institucións, e contou co mimo dunha contorna que sempre ofreceu un pouquiño de calor nos días de xeada, que non foron poucos. Hoxe, o San Xerome, ofrécese ao mundo como unha realidade presente e activa na vida da comarca do Baixo Miño.
O camiño segue a discorrer, e a ambición do comezo segue intacta. Seguimos querendo axudar a que todas as persoas poidan levar as rendas da súa vida, a que decidan o que entendan que sexa o mellor para elas, a que conten con apoios para ser felices e contribuír a unha comunidade na que paga a pena vivir.