NAO Música Rock-Hardcore

When:
28 Xuño, 2013 @ 20:00 – 29 Xuño, 2013 @ 00:00
2013-06-28T20:00:00+00:00
2013-06-29T00:00:00+00:00
Where:
Praza 8 de Marzo

Historias repetidas unha e mil veces… excepcións cheas de dignidade; “ser valentes nun país de vergoña”. Ser coraxe á indiferenza política, cultural,social… nunha dura realidade onde o simple feito de cantar e interactuar na lingua propia convértese nun acto militante. Que a día de hoxe unha banda como NAO axite a escena galega cun novo traballo tan impresionante como “Cancións de amor e liberdade”, faime recordar que, aínda que moitos neguen a evidencia, nun país onde o compromiso e a creatividade non abundan, eles sexan capaces  de demostrar nestes 13 temas que con esforzo, paixón e persistencia todos podemos chegar a ter o noso momento. E este é o seu.
Sen dúbida NAO facturou o disco que levan anos procurando: máis melódico, máis variado, máis poético, directo… É un disco que consegue o que poucos; manter un nivel alto do principio a fin. Que logra poñernos a pel de galiña coas súas letras, mentres percorremos unha viaxe entre o amor e a liberdade por riba de todo.