PETER PUNK A CHUNGATRONA Circo de Rúa

When:
29 Xuño, 2013 @ 15:00 – 16:00
2013-06-29T15:00:00+00:00
2013-06-29T16:00:00+00:00
Where:
Praciña de San Pedro

O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis “Chungo chungo ke te cagas” aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua.
Serás ti o próximo en probar a Chungatrona!?!?