Romaría do fútbol 2018

Aproveitando o día da Romería popular en Belvís, o 1 de xullo, organizamos uns partidos de fútbol 7 coa intención de divertirnos e desatrancar os músculos despois de tantos días de festa. Queremos PASALO BEN e DIVERTIRNOS xogando ao fútbol, SEN COMPETICIÓN, CLASIFICACIÓN ou TROFEOS.

Inscrición aberta de 4 a 110 anos, pudendo valorar excepcións por riba e por baixo desa idade.

Os equipos deben estar equilibrados a fin de garantir a diversión e a boa marcha do xogo, polo que se a organización o considera necesario, poderá facer cambios a fin de compensar os equipos.

Non te cortes a futbolear coa diversidade!! Vivan os equipos mixtos, nos que xogan crianzas e maiores!!

A Romería do fútbol desenvolverase entre as 10 e ás 14h e tentarase que cada equipo poda xogar 2 partidos con duración aproximada de 15´ – 20´.

A inscrición é gratuíta.

A data límite de inscrición é o xoves 28 ás 15h.

Haberá petos para quen non teña equipación. Os disfraces son moi ben recibidos nesta romaría…

Pódense inscribir personas a título individual que non teñan equipo e equipos que non cheguen a 7 xogadoras/es. A organización tentará, na medida das súas posibilidades, buscarlle xogadoras ou xogadores ate completalo.

A arbitraxe farase entre os propios equipos que deberán buscar o acordo. Cando alguén reclame unha falta ou sanción, en caso de dúbida, haberá unha persoa delegada de campo da organización. Que un equipo cometa excesivas faltas ou non admita de forma reiterada as faltas que realiza poderá ser motivo de expulsión da Romería do Fútbol.

 

Para comezar a inscrición fai clic nesta ligazón  https://goo.gl/forms/yjaF2gvqRHxjbxfK2