30 de Abril de 2011
Durante todo o día houbo un Concurso de Decoración de Balcóns e Ventás pola Rúa de San Pedro. Para votar no Bar da Comisión na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
11:30 Pasarrúas do grupo de Gaitas A Xuntanza.
12:00 Actividade a cargo do grupo scout Khanhiwara do centro Don Bosco na Praza do 8 de Marzo (Cruceiro de San Pedro).
12:00 Visita guiada polo Museo do Pobo Galego. Saída da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño). (2€ entrada normal, 1€ persoas xubiladas ou estudantes maiores de 18 anos, e sen pago menores de 18, persoas desempregadas e socios do MPG)
12:00 Obradoiro de costura divertida: “o traxe tradicional” para nenos e nenas na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
13:00 Collage. Teatro-literatura na rúa. Un trío amoroso entre sther f. carrodeguas e os seus personaxes, Alicia e Alberto. Con colaboración de Raquel Nogueira e Luis Martínez. No Cruceiro de San Pedro.
13:30 Pasarrúas de Habelas Hainas.
13:30 Rocambola Jazz Orquesta na Esquina de San Pedro. Pase de gorra.
15:30 Sobremesa regueifeira con Luís Caruncho e Benito Lobariñas, na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
17:00 Obradoiro de pandeireta na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
17:00 Rocambola Jazz Orquesta na Cruceiro de San Pedro. Pase de gorra.
17:30 Mercado de Troco a cargo de Verdegaia, Mámoa e SPedro em Transiçom na Praciña de San Pedro.
18:00 Obradoiro de elaboración de xabrón a cargo de SPedro em Transiçom na Praciña de San Pedro.
18:00 Visita guiada polo Museo do Pobo Galego. Saída da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño). (2€ entrada normal, 1€ persoas xubiladas ou estudantes maiores de 18 anos, e sen pago menores de 18, persoas desempregadas e socios do MPG)
19:00 Obradoiro de baile tradicional na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
19:00 Djcapuzzi y la Señorita X no Cruceiro de San Pedro. Pase de gorra.
19:30 Pasarrúas dos Estalotes.
20:00 Astronomía na beirarrúa.
20:30 Coñeceremos o Balcón e a Ventá gañadora no Concurso de Decoración na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
20:30 Sortearemos unha cea para dúas persoas nun restaurante do barrio, entre todas as persoas que mercaran a rifa na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).(A persoa gañadora tamén darase a coñecer en fbsp.info)
20:30 Foliada na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño), trae o teu instrumento e participa.