Inicio
Menú Principal
Inicio
A Comisión
Programa das Festas
Prensa
Galeria
Ligazóns
Contacta con nós
Buscar
Destaques

Xa temos a imaxe da edición 2009 das festas... 

Ler máis...
 

O número premiado cunha cea para catro personas é....

Ler máis...
 
Convocamos unha nova edición do concurso de carteis para anunciar as festas do ano 2009, que se celebrarán entre o 24 e 28 de Xuño.  Podes consultar as bases lendo o resto da nova...
Ler máis...
 
Sindicación
Administracion

 

Concurso IMAXE FESTAS 2009 PDF Imprimir Correo-e
Convocamos unha nova edición do concurso de carteis para anunciar as festas do ano 2009, que se celebrarán entre o 24 e 28 de Xuño.  Podes consultar as bases lendo o resto da nova...

Concurso de Imaxe das Festas '09

FESTAS DO BARRIO DE SAN PEDRO '09


A Comisión de Festas do Barrio de San Pedro convoca o segundo concurso de imaxe, para anunciar as festas do ano 2009, que se celebrarán entre os dias 24 e 28 de Xuño.

BASES DO CONCURSO:

1ª) PARTICIPANTES
- Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non da veciñanza, excepto as que formen parte do Xurado.
- Unha mesma persoa poderá presentar o número de propostas gráficas que considere oportuno.

2ª) TEMA E CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
- O deseño completo das festas inclúe cartel, panfletos, camisola e tapas + plantilla das páxinas internas do libro das festas.
- Deberán presentarse como mínimo as propostas de cartel e camisola, pero valorarase positivamente a presentación do deseño completo.
- As persoas participantes gozan de completa liberdade para escoller a proposta gráfica que consideren. Para evitar parecidos cos deseños das anteriores edicións, poranse á vosa disposición ditos deseños xunto co logo da comisión, no enderezo web www.fbsp.info
- O tamaño dos carteis é libre, así como a técnica empregada, pero recoméndase un formato axeitado para uso en interiores (comercios, bares, ...)
- Nalgunha parte do cartel figurarán:
   - O texto: “Festas do barrio de San Pedro 2009”
   - Texto falso simulando a programación das festas
   - O logo da Comisión
- O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.
- As modificacións que teñan que introducirse no cartel e resto de elementos, de cara á súa publicación, faranse en colaboración coa ou co autor/a.

3ª) PRESENTACIÓN
- A data límite para a presentación das propostas gráficas é o martes 31 de Marzo do 2009 até as 14:00h.
- Cada proposta gráfica deberá presentarse en sobre pechado. En ningún caso este sobre exterior deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo.
- Os sobres presentaranse na tenda-obradoiro “Como pez en el agua” situada no número 79 da rúa de San Pedro.
- Dentro do sobre incluiranse:
   - copia impresa da proposta gráfica (o cartel en tamaño A3).
   - copia en formato dixital da proposta gráfica (CD).
   - un sobre pequeno que conteña a identificación e datos de contacto do/a autor/a.
- En ningún caso os elementos gráficos que se inclúen no sobre irán identificados co nome do autor/a nin con pseudónimo.

4ª) PREMIO
- O deseño gañador será premiado con 350 euros.

5ª) XURADO
- O Xurado será nomeado pola Comisión de Festas.
- A Comisión de Festas resérvase o dereito de declarar deserto o premio en caso de que ningún cartel acade os requisitos demandados.
- O fallo do xurado darase a coñecer dentro dos 15 días seguintes á data de finalización do prazo de entrega, a través da web da Comisión de Festas (www.fbsp.info).
- O veredicto do xurado será inapelable.

6ª) TRABALLO PREMIADO E DEREITOS DE USO
- O autor/a do deseño que resulte elixido para anunciar as Festas do Barrio de San Pedro 2009, cederá todos os dereitos presentes e futuros sobre o seu uso, á Comisión de Festas.

7ª) PUBLICIDADE
- Os sucesivos anuncios e novas sobre este Concurso de Carteis serán publicados na web da Comisión de Festas (www.fbsp.info).

8ª) EXPOSICIÓN DE CARTACES NORMAS FINAIS
- A comisión de Festas resérvase a posibilidade de organizar unha exposición cos carteis presentados ao concurso, sen que iso dea dereito a ningún tipo de retribución para os/as concursantes.
- Se alguén desexa manter o anonimato en caso de que se celebre a exposición de carteis, deberá expresalo por escrito dentro do sobre da proposta gráfica, xunto cos datos de identificación e contacto.

9ª) NORMAS FINAIS
- As persoas concursantes, pola súa mera presentación, aceptan integramente as bases deste concurso.



A Comisión de Festas, a 3 de Febreiro do 2009

 

 ARQUIVOS ADXUNTOS:

Bases do concurso en PDF [35 KB]
Pack Logotipo Comisión de Festas [199 KB]
Pack Imaxe edicións anteriores FBSP [3,41 MB]

 
< Anterior   Seguinte >
   
|| joomlabox.com || template by J!LM ||