BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LOUSAME Música Clásica

When:
28 Xuño, 2013 @ 17:00 – 18:00
2013-06-28T17:00:00+00:00
2013-06-28T18:00:00+00:00
Where:
Rúa de Home Santo

Escola de música, situada no lugar de Sanguiñal, parroquia de Tállara, para preparar ós futuros músicos. Esta tarefa foi encomendada ó mestre Prudencio Romo, home curtido nestas lides que xa formara e dirixira outras bandas anteriormente, coma a Banda de Taragoña ou a Banda de A Serra de Outes. Nesta Escola, ó longo de case dous anos fóronse formando alumnos das diferentes parroquias do Concello ata lograr que debutara a banda o día das letras galegas do ano 1996. A primeira formación da banda contaba con 25 músicos totalmente formados na escola. Esta seguíu medrando, tanto en servicios coma en número de alumnos e adquiríu o nome de Escola de Música Padre Calo en honor deste músicólogo de renome internacional que pasou a súa infancia na aldea de Vilacoba en Lousame.